.

.

O BNG de Ordes traslada ao Parlamento Europeo a denuncia do vertedoiro de Lesta

Ordes, 27/08/2016 - O BNG de Ordes celebrou un encontro coa “Asociación de Afectados do vertedoiro de Lesta” á que acudiu a Portavoz do BNG en Europa Ana Miranda e o profesor universitario experto en residuos e membro de ADEGA Manolo Soto.

Silleda arranxa dous viais na parroquia de Escuadro

Silleda, 27/08/2016 - O Concello de Silleda, a través do departamento de Obras e Servizos, que dirixe Klaus Brey, está a arranxar dous viais na parroquia de Escuadro. Trátase da pista que une os lugares de Cascaxide e Sar e da situada na aldea de Sestelo.

Ültima xornada no #feitoaman2016

Santiago, 27/08/2016 - Todo o que comeza remata e hoxe é o último día do #feitoaman2016 que deixou as rúas de Compostela cheas de boa música.

As familias de acollida dos nenos e as nenas saharauís montan un posto no mercadillo de Bertamiráns

Ames, 27/08/2016 - Hoxe sábado, 27 de agosto, as familias de Ames, Teo e Santiago que acollen nenos e nenas saharauís a través do programa “Vacacións en paz” montarán un posto no mercadiño de Bertamiráns.

A Mancomunidade de Ordes abre o prazo para apuntarse na nova quenda de obradoiros artesanais

Ordes, 27/08/2016 - A Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes pon en marcha unha serie de novos obradoiros artesanais de cestería, fiado de la, plantas medicinais e cosmética natural.

Homenaxe a Ramón Antonio Tojo, mestre en Senra nos anos sesenta e setenta

Oroso, 27/08/2016 - Antigos alumnos e alumnas da escola de Senra (Oroso) homenaxearon ao seu mestre Ramón Antonio Tojo García, que traballou no centro escolar entre os anos 1967 e 1976. Foi unha xornada de reencontro na que rememoraron vivencias e recoñeceron unha vez máis a gran vocación pedagóxica do seu mestre. 

Ordes realiza obras de mellora no pavillón Castelao I

Ordes, 27/08/2016 - O Concello de Ordes continúa coas tarefas de mellora que está a acometer no pavillón polideportivo Castelao I, cun orzamento de aproximadamente 20.000 €. Dende hai algo máis de dúas semanas están a realizarse obras nos vestiarios, nos que se está a instalar un novo azulexado e chans antiescorregadizos, cambios no sistema eléctrico e a instalación dunha nova rede de fontanería e billame. 

Ames concede ás Asociacións de Comercio axudas por valor de máis de 20.000 euros

Ames, 26/08/2016 - A Asociación de Comerciantes de Bertamiráns (ACB), a Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Milladoiro (AAEPNM), a Asociación de Empresarios PALMIRA BOULEVARD e a Asociación de Empresarios, Comerciantes e Profesionais do Milladoiro (AEMI) son as beneficiarias das axudas que a Concellaría de Promoción Económica ven de conceder co obxectivo de apoiar e fomentar a actividade comercial no municipio. A contía destas axudas é de 20.169,88 euros.

O BNG de A Estrada esixe explicacións ao alcalde polo desmantelamento do Grupo de Cans de Rescate

A Estrada, 26/08/2016 - O portavoz municipal do BNG, Xosé Magariños, amosouse preocupado polo que está a acontecer co Grupo de Cans de Rescate da Estrada. Segundo Magariños, "vendo o que está pasando estes días en Italia, onde os cans de rescate son unha peza clave para salvar vidas humanas no terremoto que afectou a varias localidades do páis, é incomprensíbel que desde o concello non fagan nada para manter o Grupo de Cans de Rescate que era modélico e estaban sobradamente preparados para actuar en casos semellantes".

O tren turístico promociónase entre as familias con "Santiago para peques en tren"

Santiago, 26/08/2016 - A concelleira de Turismo, Marta Lois, presentouSantiago para peques en tren, novo folleto promocional que se repartirá gratuitamente aos nenos e nenas que suban ao tren turístico. O obxectivo de Turismo de Santiago con este novo material é continuar promocionando a cidade como un destino familiar.

O equipo feminino Santiago Futsal A Gaiola competirá en Liga Galega

Santiago, 26/08/2016 - O comezo de curso deportivo está cada vez máis preto para os equipos do Santiago Futsal. Novo curso e novos retos, algo que afronta con moitas ganas o equipo feminino do Santiago Futsal, que a próxima campaña participará en Liga Galega por primeira vez na súa historia. 

Silleda realiza obras de mantemento nos campos de fútbol de Laro e Lamela

Silelda, 26/08/2016 - O Concello de Silleda a través do departamento de Deportes, que dirixe Ana Luisa González Costa, está a realizar traballos de conservación e mantemento nos campos de fútbol de herba natural, tarefas que se se acometen en colaboración coa Deputación de Pontevedra.

Teo abre o 1 de setembro a inscrición nas actividades deportivas e culturais

Teo, 26/08/2016 - O Concello de Teo abre a partir do 1 de setembro, o xoves da vindeira semana, o prazo de inscrición nas actividades deportivas e nas escolas culturais municipais para o novo curso 2016-2017. O prazo rematará o día 15 de setembro, se ben a admisión de participantes efectuarase por rigorosa orde de entrada das solicitudes no rexistro municipal. A relación de admisións será publicada o 21 de setembro. O curso comeza a partir do 1 de outubro e remata en xuño de 2017. 

Dous novos concertos no #feitoaman2016

Mojo Experience
Santiago 26/08/2016 - Unha nova xornada no #feitoaman21016 con dous conetrtos a partir das 8 da tarde

IV Torneo de Fútbol en Santa Cruz de Montaos

Ordes, 26/08/2016 - Este vindeiro domingo, 28 de agosto, o campo de fútbol de Santa Cruz de Montaos acollerá o IV Torneo Hotel Restaurante Santa Cruz.

A VI Festa do Tractor de Silleda contará cun roteiro de clásicos o domingo 11 de setembro

Silleda, 26/08/2016 - Silleda volve acoller unha nova edición da ruta de tractores clásicos, organizada dende a Asociación Galega de Maquinaria Agrícola Clásica. A cita será o vindeiro domingo día 11 de setembro e comezará sobre as 10:30 coa concentración de tractores clásicos xunto á ferveza do Toxa, na parroquia de Pazos. 

O "Santiago Rugby Club" (SRC) retoma en setembro as súas actividades

Santiago, 26 agosto 2016 - Interesantes novidades no retorno a activdidade do Santiago Rugby Club. Tanto o equipo masculino como o feminino cambian de adestradores. Rodrigo García Patiño "Cañoto" toma as rendas do masculino na 2ª división galega e José Rey Rodríguez "Mega" fará o propio co equipo feminino.

Unha viaxe por Bélxica, Afganistán e Xapón a través dos contos dende Tapia

Ames, 26/08/2016 - Dous contacontos desprazaranse á praia fluvial de Tapia hoxe venres. Baixo unha carpa, a partir das 20:00 horas, convidan ás familias a achegarse e asistir a unha sesión de narracións baseada na obra de Neira Vilas “Contos vellos para rapaces novos”. Trátase dunha escolma de contos populares que o escritor recolleu ao longo de seis anos de cinco continentes diferentes; actividade enmarcada no programa autonómico de fomento á lectura “Culturea, cultura e lingua no verán”. En caso de chuvia a actividade trasladarase á Casa da Cultura do Milladoiro. 

'Contos vellos para rapaces novos' para despedir o mes de agosto en Ordes

Ordes, 26/08/2016 - Ordes despedirase do mes de agosto cos contos de Xosé Neira Vilas. O vindeiro mércores, día 3, terá lugar o contacontos que leva por título 'Contos vellos para rapaces novos', o cal se desenvolverá na Alameda a partir das 11 horas, aínda que no caso de chuvia trasladarase ao local social municipal sitado na rúa Reconciliación.